Odaiko Sinfónico

Odaiko Sinfónico é un proxecto que nace para facer realidade ese afán innovador que caracteriza este grupo, neste caso procurando a mestura da música clásica-contemporánea coa diversidade das músicas tradicionais das que Odaiko sempre foi representante.

A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquesta ou banda, aporta unha infinidade de timbres que dan color e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente.

VIDEO PROMO ODAIKO & BANDA

 

KALLAH PALLAH – CONCERTO FOR ODAIKO AND WIND ORCHESTRA, Adrian Saavedra