Odaiko nas escolas

Nesta ocasión Odaiko adéntrase nunha aula calquera dunha escola para debuxar sons e sensacións cos diferentes materias que nos rodean. Algo tan sinxelo como unha mesa, un papel, calquera outro obxecto inerte servirá para axilizar o enxeño e a creatividade dos nosos pequenos.

A contextualización desta historia acercaranos ao pasado máis lonxano, ese que nos amosa os inicios da humanidade, ata rematar no presente que ata hoxe coñecemos. Un percorrido musical desde o máis ancestral, “home de pedra”, ata o máis actual, “home moderno”.
Acompañados por un narrador en off, Odaiko proponnos una divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave.

“A riqueza dos nosos alumnos está na imaxinación e na comprensión que eles mesmos desenvolven”. Odaiko Percussion Group.