Traxectoria

Nos doce anos que Odaiko leva enriba dos escenarios, teñen sido 300 actuacións propias e outros proxectos ligados á danza, audiovisual, clásico e didáctica, colaborando sempre con artistas do panorama cultural actual. Os músicos de Odaiko teñen máis de 1.500 concertos ás súas costas, particularidade que os fai moi versátiles.

Esta formación nace a raíz das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais como o Steve Reich Festival (Holanda), Stok Leuven Contemporain Festival (Bélxica), Convención Internacional de Percusión de Taipei (Taiwán), I am pulse Manila Festival (Filipinas), Nancy Zeltsman Festival (EE.UU), Zeltsman Marimba Festival (Appleton, EEUU), Junio Musical (Jalapa, México), etc.

Odaiko estivo presente en escenarios de moita sona, tales como: Facyl (Salamanca), no Festival de Ortigueira (Galicia), no FIP Pirineos, FIP Valencia, FIP Madrid e no FIP Aragón, no Boom Festival (Slovenia), no Festival de Jazz de San Sebastián (Euskadi), no Festival Folk de Getxo (Bilbao), no Festival Cabo de Gata (Almería), no Festival do Tambor (Híjar-Teruel), Círculo de Bellas Artes (Madrid), no Palacio Euskalduna coa Orquesta Sinfónica de Bilbao ou no Royal Concertgebow de Amsterdam, entre outros.

Odaiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto na cidade de Ourense, onde sempre se aplaudiron a estrea dos seus espectáculos.

As producións levadas a cabo ata o de agora por Odaiko son, entre outras, as seguintes:

Didácticos
* Cousas de Catro (2015-2016, No espectadores: 16.000)
* Invención: (2014-2015, No espectadores: 14.000)
* Vaia banda! Vaia circo! (2012-2015, No espectadores: 24.000)
* Odaiko nas escolas II (2012-2013, No espectadores: 14.000)
* Odaiko nas escolas I (2008-2011, No espectadores: 3.000)

Musicais
Okho, Galician on Board, Odaiko & Friends.

Producións contemporáneas
African Roots (con proxección de imaxes sobre area feitas en directo), To the earth.

Con bandas de música
Kallah Pallah (de Adrián Saavedra) coa Banda Municipal de A Coruña; espectáculo con Batuko Tabanka e a Banda Municipal de Silleda.

Con orquestas sinfónicas
Vaia orquesta!

odaiko sinfonico 2

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración da música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. Nos nosos espectáculos hai instrumentos de orixe oriental (odaikos, gongs, táboas) africanos (djembé, sabar, dum-dum) latinoamericanos (congas, bongos, maracas, caixón), galegos (bombo, pratos, tamboril, tarrañolas) e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

Ao longo da súa carreira os seus membros participan en proxectos como Ear Massage (Holanda), X. M. Budiño (Galicia), Nova Galega de Danza (Galicia), Cornelius 1960 (Galicia), Orquestra Nacional de Irlanda (Dublín), Concorde Ensemble (Dublín), Orquestra Sinfónica de Galicia (Galicia), Nuevo Contemporáneo (Zaragoza), etc
Odaiko é productor das súas músicas e espectáculos e representa a diferentes marcas de instrumentos como Meinl, Odaiko Mallets, Guzmán Percusión, California ou Concorde.

Así mesmo, Odaiko é a entidade que organiza o Festival Internacional de Percusión, que se realiza nos primeiros días de agosto nos pendellos de Agolada.

Na actualidade, Odaiko está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso.

Odaiko