Galician on board

A idea de Galician on Board é facer unha viaxe no tempo trasladándonos ao s. XIX e representar o profundo cambio que se produciu en Galicia ata os nosos días. Conceptos como labrego, folclore, emigración, industrialización, etc, están presentes ao longo do show nunha viaxe músico-percusiva tratada dun xeito vangardista.

Odaiko ofrécenos un crisol de ideas musicais onde os ritmos de culturas alleas como o latin, o flamenco, o brasileiro ou o africano se misturan coas innovacións técnicas percusivas e o folklore galego para representar um pasado que da resposta ao noso presente.
Para este espectáculo contamos coa colaboración da voz de Xiana Lastra.