Musicais

Dende os seu inicio Odaiko presenta espectáculo musicais-teatrais íntegros con un obxectivo claro: contar ao público unha historia en termos percusivos. A día de hoxe Odaiko conta con diferentes espectáculos diferenciados, basándose en diferentes estilos de música aptos para todos os públicos: dende os proxectos didácticos para primaria e secundaria ata os espectáculos musicais, dende a música contemporánea ata a música tradicional, sós, colaborando con artistas convidados e ata acompañados por unha agrupación bandística ou orquestal.

Para noso primeiro espectáculo, OKHO, importamos desde oriente decenas de tambores que comporían a médula espiñal deste espectáculo. Agora en “Galician on board”, os instrumentos de percusión máis representativos de cada cultura amósannos unha viaxe musical no tempo dende o siglo XIX ata o presente.

Da colaboración con difererentes artistas do panorama cultural tanto galego como a nivel nacional, consecuencia da continua búsqueda de novos camiños e innovación que caracteriza a Odaiko, nace “Odaiko&Friends”, un espectáculo donde artistas invitados mesturan a súa música cos ritmos imparables das percusións.

No ámbito sinfónico, Odaiko&Banda ofrece un repertorio formado por obras clave extraídas do mundo da percusión e arranxadas ou compostas para interpretar con banda, ampliando así as posibilidades sonoras e o papel dos instrumentos de percusións como solistas dentro dunha agrupación.