Invención

 

odaiko´1520150410_paula asorey (31)

Despois de “Odaiko nas escolas” e “Vaia circo”, Odaiko fai un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia. En “Invención”, a imaxinación e a creatividade son pezas fundamentais para a creación de novos obxectos e búsqueda de solucións ás que o ser humano se ten que enfrontar no día día. Pasando por moitas invencións dende as máis sinxelas ata as que resultaron ser froito da industrialización, a introdución do plástico, etc. sempre chegamos á conclusión de que o futuro é reflexo do pasado e, por tanto, a conexión e o equilibrio entre o tradicional e o moderno está sempre moi presente.

Como en todos os espectáculos de odaiko, o inxenio e a conexión co  público son as pezas clave máis características.

 

VÍDEO PROMO “INVENCIÓN”