“A percusión máis vangardista e a mellor representación da música ibérica fusionadas no mesmo espectáculo”.
Novo espectáculo de Odaiko na compañía de Vanesa Muela, artista admirada na escena musical polo seu labor de posta en valor da música tradicional castelá-leonesa.
Vanesa Muela é cantante, percusionista e Historiadora especializada nos estudos sobre a Tradición e o folclore ibérico. Ten realizado máis de 3.000 concertos con apenas 37 anos de vida, por toda Europa.
A sinerxia musical que acadan os músicos de Odaiko e a intérprete e percusionista castelá demostran que na música, cando o sentimento é conxunto, o resultado é inmellorable.


